Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.017

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1999 pola se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Abastecemento de auga na marxe dereita da Ría de Arousa, treito: A Pobra do Caramiñal-Ribeira. (A Pobra do Caramiñal-RiBeira-A Coruña).

Adxudicatario: ACS Proyectos, Obras y Construcciones, S.A. e Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (U.T.E.).

Orzamento: 591.803.913 ptas.

Abastecemento a Carcacía-segunda fase (Padrón-A Coruña).

Adxudicatario: Espina y Delfín S.L.

Orzamento: 25.654.407 ptas.

Saneamento en Arceo (Boimorto-A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Noceda, S.L.

Orzamento: 13.978.000 ptas.

Abastecemento de auga a Xermade e Cabreiros (Xermade-Lugo).

Adxudicatario: Cotragua, S.L.

Orzamento: 19.444.205 ptas.

Abastecemento de auga a Esgos (Esgos-Ourense).

Adxudicatario: Misturas Asfálticas Galegas, S.A.

Orzamento: 26.819.000 ptas.

Abastecemento de auga a núcleos da periferia de Lalín-segunda fase (Lalín-Pontevedra).

Adxudicatario: CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 122.370.214 ptas.

Abastecemento de auga a Donas-Barreiros (Gondomar-Pontevedra).

Adxudicatario: Manuel Caramés Rozados.

Orzamento: 48.900.000 ptas.

Reformado do actualizado da prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial (Lalín-Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Paraño, S.A.

Orzamento: 292.375.000 ptas.

Colectores xerais e E.D.A.R. de San Martiño-Manzaneda (Manzaneda-Ourense).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L. e Demain, S.L. (U.T.E.).

Orzamento: 179.396.917 ptas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia