Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL

ANUNCIO de licitación de expediente de contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Folgoso do Courel.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: C/01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

1. Pavimentación accesos ós núcleos de poboación de Froxán, Castro Portela, A Pendella e Folgoso.

2. Pavimentación accesos ós núcleos de poboación de Miraz, Esperante, Visuña e Ferramullín.

3. Pavimentación accesos ós núcleos de poboación de Moreda e Mercurín.

b) Lugar de execución: termo municipal de Folgoso do Courel.

c) Prazo de execución: nove meses cada un dos proxectos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaraia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total:

1. Pavimentación accesos ós núcleos de pobación de Froxán, Castro Portela, A Pendella e Folgoso: 5.701.052 ptas.

2. Pavimentación accesos ós núcleos de poboación de Miraz, Esperante, Visuña e Ferramulín: 5.135.088 ptas.

3. Pavimentación accesos ós núcleos de poboación de Moreda e Mercurín: 6.815.299 ptas.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento base de licitación para cada obra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Folgoso do Courel.

b) Domicilio: Fondo de Vila, s/n.

c) Localidade e código postal: Folgoso do Courel 27325.

d)Teléfono e fax: 982 43 30 01.

e) Data límite de obtención da documentación e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais a partir da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. O prazo comezará a computarse a partir da última das publicacións. Se o último día fora sábado ou inhábil o prazo rematará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego.

c)Lugar de presentación: Fologoso do Courel.

9. Apertura das ofertas:

Lugar: Concello de Folgoso do Courel.

Data: o terceiro día hábil seguinte á finalización do prazo para presentar solicitudes. Se coincidira en sábado, o luns seguinte.

Hora: 17 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación no concurso: os establecidos no prego.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: oito días hábiles seguintes á publicación da última das publicacións no BOP e no DOG.

11. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Folgoso do Courel, 4 de agosto de 1999.

José López Fontal

Alcalde