Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do 15 de xullo de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente, por instancia de Jesús Conde Gil, en representación de Promotora Gil Con

de, S.L., o proxecto de urbanización dun anaco da rúa Pena Redonda do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe de 980.909 ptas., novecentas oitenta mil novecentas nove pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo ás da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 23 de agosto de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde