Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: C.T. e R.B.T. Vilouriz-Fondo de Vila-A Eirexa-Requeixo.
Situación: Nogueira de Ramuín.
Características técnicas: substitución do C.T. existente de Vilouriz por outro de 160 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do C.T. Vilauriz de 2.350 metros en conductor R.Z. e R.B.T. aérea do C.T. Souto de 105 metros en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 13 de agosto de 1999.
Gabriel Diéguez Domínguez
Delegado provincial de Ourense en funcións

