Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 16 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude dun perímetro de protección para os mananciais das augas do Balneario do Berán.

A Delegación Provincial de Ourense fai saber que a entidade locar menor de Berán solicitou un perímetro de protección para os mananciais das augas do Balneario do Berán, co perímetro que vén determinado pola unión dos seguintes vértices expresados en coordenadas xeográficas.

XY

18º 07' 44''42º 21' 42''

28º 07' 50''42º 20' 28''

38º 08' 36''42º 20' 07''

48º 09' 18''42º 20' 10''

58º 10' 53''42º 20' 25''

68º 11' 23''42º 20' 37''

78º 12' 15''42º 21' 25''

88º 11' 40''42º 21' 55''

98º 10' 29''42º 22' 24''

108º 10' 29''42º 22' 27''

O que se fai público para que os interesados e en particular os propietarios de terreos, bens ou dereitos comprendidos no perímetro, poidan alegar no prazo de quince días canto conveña ós seus intereses.

Ourense, 16 de agosto de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense