Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de agosto de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Amena.

Visto o expediente incoado por Yolanda Sineiro Romay, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Amena, outorgado pola Orde do 24-6-1994, situado na cuadrícula nº 149, do polígono «A» de Cambados, rematando a concesión o 23-11-2004, e do que eran titulares Ramón Sineiro Chazo e Carmen Romay Fernández.

Tendo en conta o informado polo Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e 10.1º do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a acta de notoriedade de declaración de herdeiros ab intestato, copia da escritura notarial de partición de herdanza e a documentación acreditativa do pagamento ou da presentación ó pagamento do imposto de sucesións e doazóns, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Ramón Sineiro Chazo (76.849.168); Mª José Sineiro Romay (35.452.739); Yolanda Sineiro Romay (35.461.299) e Ana-Isabel Sineiro Romay (35.466.205).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 5 de agosto de 1999.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG 134 do 10 de xullo)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada Territorial de Vigo