O Pleno do Concello, na sesión do 5 de agosto de 1999, prestou aprobación ós pregos de condicións económico-administrativos para a contratación das obras de dotación de servicios básicos na zona dotacional de Quiroga, cun orzamento de execución por contrata de 55.000.000 de ptas. e un prazo de execución de 5 meses.
As obras adxudicaranse polo sistema de concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria.
O que se expón ó público polo prazo de 8 días para efectos de exame e presentación de reclamacións.
Con excepción do disposto no artigo 122.2º do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación das devanditas obras, para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.
No BOP publicarase extracto da convocatoria da licitación.
Quiroga, 6 de agosto de 1999.
Rubricado