Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Acordo do 9 de agosto de 1999 polo que se anuncia concurso, polo trámite ordinario, para a contratación das obras de Infravivenda Rural 1998.

Tipo de licitación: 16.626.395 ptas., IVE incluído.

Fianzas: provisional por importe do 2% e definitiva do 4% do tipo de licitación.

Prazo de execución: seis meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, de 9 a 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na secretaría do concello, teléfono: 986 77 00 01 e fax: 986 77 12 77.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Poio, 16 de agosto de 1999.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde