Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: iluminación pública na rúa Castelao. Lugar de execución: O Grove. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 6.751.941 ptas.

Garantías: provisional: 2% do orzamento anterior.

6. Obtención de documentación e información. Casa do Concello do Grove, praza do Corgo 1, 36980 O Grove (Pontevedra), Tfno./fax: 986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG de 9 a 14 horas.

Documentación: a establecida na cláusula 18 do prego de condicións.

Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

Prazo da obrigación de mante-la oferta: 3 meses.

Admisión de variantes: admítense variantes conforme os criterios de adxudicación establecidos na base 20 ª do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.

10 Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, por prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP, aprazándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 6 de setembro de 1999.

Migueol Ángel Pérez García

Alcalde