Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36000 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilanova.
Situación: concello de Agolada.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, con conductor tipo LA-56, de 499 m de lonxitude, desde o apoio s/n da L.M.T. Agolada (POR701) ata o C.T. Vilanova. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15 kV/380-220 V. R.B.T., aérea, de 1.195 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Vilanova.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 10 de agosto de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

