Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse o expediente de modificación da concesión (ampliación de tráficos) mediante a incorporación do tramo Oirós-Lalín como anexo da concesión do
servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3050; XG-344, Santiago de Compostela-Vila de Cruces-Monterroso, con anexos, da titularidade de Empresa Lázara, S.A.
Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer en forma no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses) efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1999.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes

