Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 27 de setembro de 1999 Páx. 11.645

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 253/1999, do 24 de setembro, polo que se dispón que cese Antonio Couceiro Méndez como conselleiro de Industria e Comercio.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1ª, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, na súa condición de conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, Antonio Couceiro Méndez, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente