Ponse en coñecemento de tódolos interesados no Procedemento de revisión e reordenación do polígono de viveiros Baiona do distrito marítimo de Baiona, declarado de interese marisqueiro e urxente execución por orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 27-4-1988 (DOG nº 90, do 12 de maio), que segundo o regulado no Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG nº 13, do 20-1-1994), polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, os documentos dos que consta o acordo de reordenación do citado polígono estarán expostos nos seguintes locais:
*Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
-Servicios Centrais, San Caetano s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).
-Delegación Territorial de Pontevedra, Palma nº 4, Ed. Cambón, Vigo (Pontevedra).
*Confraría de Pescadores de Baiona.
-Alférez Barreiro-Casa del Mar, 2ª planta-Baiona (Pontevedra).
O prazo de exposición será de trinta días, contados desde o seguinte ó da inserción do presente aviso no Diario Oficial de Galicia.
Dentro do citado prazo, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1999.
Javier Pereiro Múñoz
Director xeral de Recursos Mariños

