Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/210-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.A., R.B.T.A.-Viaño Grande.

Situación: Trazo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 525 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Viaño Pequeno e final no C.T. de Viaño Grande de 50 kVA, a 20-0,380 kV e ensamblaxe R.B.T. en conductor R.Z., de 310 m. Concello de Trazo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña