Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

A adquisición por compra, mediante concurso aberto e tramitación urxente, dun inmoble con edificio, para acondicionamento de centro socio-cultural e xuvenil, no núcleo urbano de Bretoña.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación:

Prezo máximo de dezaseis millóns oitocentas cincuenta mil (16.850.000) pesetas.

5. Garantías:

a) Provisional: 337.000 ptas.

b) Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax: 982 33 22 33.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, desde as dez ás catorce horas, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, praza de Galicia, nº 1.

8. Apertura de ofertas:

No salón de sesións deste concello, ás trece horas do primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación, por orde decrecente de importancia:

-Situación, características estéticas e funcionais, ata seis puntos.

-Maior superficie ofertada, ata catro puntos.

-Menor prezo ofertado, ata dous puntos.

10. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 24 de setembro de 1999.

José Yáñez García

Alcalde