Comunícase que está aberto o prazo ata o día 13 de outubro de 1999, para presenta-la instancia solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, para as seguintes disciplinas: música, navegacións e instalacións mariñas-máquinas servicios e producción, procesos e productos de téxtil, confección e pel, procesos e medios de comunicación, patronaxe e confección, contrabaixo, taller do moble, deseño gráfico asistido por ordenador e fotografía artística.
As bases da convocatoria e o modelo de solicitude atópanse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais.
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 1999.
Jaime García García
Director xeral de Persoal

