Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 115/1999 se acordou citar a María Jesús Iglesias Gómez, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o día 13 de outubro, ás 13.15 horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir ó correspondente xuízo de faltas por inxurias e ameazas.
E para que conste e lle sirva de citación a María Jesús Iglesias Gómez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia expido este edicto en Santiago de Compostela o 27 de setembro de 1999.
O secretario
Rubricado

