Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, nos expedientes sancionadores de epizootias 149SA/1999 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e ó seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitirásenlle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 13 de setembro de 1999.

P.A.

Manuel Puente Araújo

Xefe do Servicio Xurídico da Coruña

ANEXO

Expediente: 149SA/99.

Denunciado: Fariña González, Manuel.

DNI: 76.306.497.

Último enderezo coñecido: Martinete nº 122, A Coruña.

Feitos denunciados: transportar no remolque do vehículo matrícula C-3118-AZ, 5 animais procinos, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar animais vivos no Servicio de Sanidade e Producción Animal desta consellería.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: artigo 5.2º do Regulamento de epizootias, 5.2º da Orde 4-4-1997 en relación co 224 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 192SA/99.

Denunciado: Iglesias López, Víctor Manuel.

DNI: 33.345.869.

Último enderezo coñecido: praza do Rei nº 20, Lugo.

Feitos denunciados: ter un animal bovino identificado cun só crotal auricular no mercado de Amio (Santiago de Compostela).

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: artigo 5 do R.D. 205/1996, 4 do Regulamento 820/1997 e 2 do Decreto 85/1998 en relación co 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: 202SA/99.

Denunciado: Pena Calvo, Carmen.

DNI: 76.406.690 T.

Último enderezo coñecido: r/ María Pita nº 11-13, 1º Ezqu., As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Feitos denunciados: non te-lo gando recollido na casa logo de acordo sobre o horario de chegada, para realiza-la lectura da proba da tuberculina.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: artigo 1 da Lei de epizootias, 1 e 7 da orde 4-4-1997 en relación co 209.3º do Regulamento de epizootias.

Sanción: 50.000 ptas.