1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: servicios técnicos.
Descrición do obxecto: realización da exposición itinerante O Litoral e a súa conservación.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: oito millóns de pesetas (8.000.000 de ptas.), correspondente ó exercicio corrente (1999).
5. Garantías.
Provisional: 160.000 ptas.
Definitiva: 320.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
Na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación situada na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños. 15771 Santiago de Compostela (Teléf.: 981 54 61 44, fax: 981 54 61 38), ou nas delegacións
territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación do contratista: non se precisa.
8. Presentación das ofertas:
Data límite de presentación: o prazo límite de presentación das proposicións finaliza ós 13 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do día de finalización do prazo de presentación das proposicións, ou por correo e na forma prevista polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
9. Apertura das ofertas e exposición de proposicións.
Será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día, a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.
10. Gastos do anuncio.
O importe dos gastos do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1999.
Joaquín Mariño Cadarso
Director xeral de Formación Pesqueira
e Investigación

