Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.
Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste cédula.
En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.
Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo este cédula en Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999.
Carlos González Rodríguez
Subdirector xeral de Inspección de Transportes
ANEXO
Expediente: DX-00568-I-1998.
Matrícula: C-1807-AT.
Denunciante: LE9OR0033289433.
Denunciado: Fa Nogueira Castro.
Último enderezo coñecido: M. Piñeiro Pose, 8. 157 Laracha (A Coruña).
Feito denunciado: realizar transporte de mercadorías (papel) co vehículo matrícula C-1807-AT, que está provisto de autorización da serie MDL-T, que presenta un peso total en báscula de 4.650 kg, estando autorizado para un PMA de 3.500 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de 1.150 kg, que representan un 32% de exceso sobre o seu peso máximo autorizado.
Data: 15-12-1998.
Hora: 11.12.
Estrada: N-550.
p.k.: 59.
Precepto infrinxido: artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.
Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.
Sanción imposta: 50.000 ptas.

