Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día vinte de setembro de mil novecentos noventa e nove, aprobou o cadro de características técnicas para a contratación das obras que a seguir se relacionan.

A contratación, que se adxudicará mediante concurso, por procedemento aberto, rexerase polo disposto no prego tipo de cláusulas económico-administrativas particulares aprobado polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria que tivo lugar o día trece de xuño de mil novecentos noventa e seis, coas especificacións contidas no cadro.

Cadro de características técnicas.

1. Proxecto: pavimentación e servicios na rúa Rosalía de Castro-terceira fase.

2. Tipo de licitación: seis millóns setecentas trinta e seis mil duascentas oitenta e seis pesetas (6.736.286 ptas.), de acordo coa seguinte desagregación:

Execución material: 4.879.952 ptas.

Gastos xerais: 634.394 ptas.

Beneficio industrial 292.797 ptas.

IVE (16%): 929.143 ptas.

3. Financiamento: a obra é cofinanciada polas seguintes administracións: 70% Consellería de Industria, 20% convenio rehabilitación do núcleo antigo de Viveiro e 10%, Concello de Viveiro.

4. Prazo de execución: seis meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Tramitación: urxente.

7. Prazo e lugar de presentación: 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación no último dos boletíns oficiais, ante o rexistro xeral do concello. Se o derradeiro día coincide en sábado ou festivo, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil siguiente.

8. Garantía provisional: 134.725 ptas.

9. Garantía definitiva: 269.450 ptas.

10. Revisión de prezos: non procede a revisión de prezos.

Cadro de características técnicas.

1. Proxecto: pavimentación e servicios na rúa Díaz Freijo.

2. Tipo de licitación: dez millóns cincocentas dez mil trescentas sesenta e nove pesetas (10.510.369 ptas.), de acordo coa seguinte desagregación:

Execución material: 7.614.003 ptas.

Gastos xerais: 989.820 ptas.

Beneficio industrial 456.840 ptas.

IVE (16%): 1.449.706 ptas.

3. Financiamento: a obra é cofinanciada polas seguintes administracións: 70% Consellería de Industria, 20% convenio rehabilitación do núcleo antigo de Viveiro e 10%, Concello de Viveiro.

4. Prazo de execución: seis meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Tramitación: urxente.

7. Prazo e lugar de presentación: 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación no último dos boletíns oficiais, ante o rexistro xeral do concello. Se o derradeiro día coincide en sábado ou festivo, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantía provisional: 210.208 ptas.

9. Garantía definitiva: 420.416 ptas.

10. Revisión de prezos: non procede a revisión de prezos.

Viveiro, 30 de setembro de 1999.

Xusto Vázquez Chao

Alcalde accidental