En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratacion dos servicios
de posta á disposición de informes económicos vía Internet para o Igape e os usuarios do programa Igatel.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.
b) Número de expediente: CP nº 22/99.
2. Obxecto do contrato: servicios e posta á disposición de informes económicos vía internet para o Igape e os usuarios do programa Igatel.
O contrato executarase de forma sucesiva segundo as necesidades do Igape, de conformidade co artigo 173.1º a) da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Período de vixencia: un ano a partir da formalización do contrato ou do inicio da súa execución, en caso de ser anterior. Logo de acordo das partes, a vixencia poderá prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de tres anos máis.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
b) Forma: concurso público.
4. Orzamento máximo de licitación: seis millóns novecentas sesenta mil pesetas (6.960.000 ptas.), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído.
5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.
d) Teléfono: 981 54 11 01.
e) Telefax: 981 54 11 20.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexis
tro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das oferta.
8. Apertura das ofertas: na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela, en acto público ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 10 horas do oitavo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. De coincidir en sábado os días sinalados, a apertura trasladarase ó seguinte día hábil.
9. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1999.
Diego Diz Fernández
Director xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica
9492

