Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 14 de outubro de 1999 Páx. 12.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

A Corporación municipal, en sesión que tivo lugar o 30 de setembro de 1999, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual da ordenanza de usos nos núcleos rurais por instancia de Delfín Barandela Grande, así como a modificación puntual do artigo 64, ordenanza 7ª equipamentos das normas subsidiarias de planeamento.

De conformidade co disposto nos artigos 42.1º, 49.2º e 56.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese o trámite de información pública durante o pazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no DOG, co fin de que os interesados poidan examina-lo expediente na secretaría municipal e formula-las reclamacións que consideren oportunas.

San Cibrao das Viñas, 1 de outubro de 1999.

A alcaldesa

Rubricado