Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 18 de outubro de 1999 Páx. 12.347

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 268/1999, do 23 de setembro, polo que se acordan as cesións do uso, a título gratuíto, de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Moeche, Monfero, Oroso, Ponteceso, Santiso, Antas de Ulla, Cervo, Ourol, Paradela, O Irixo, Cangas e Poio.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu punto tres establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Os concellos de Moeche, Monfero, Oroso, Ponteceso, Santiso, Antas de Ulla, Cervo, Ourol, Paradela, O Irixo, Cangas e Poio solicitaron a cesión

do uso dos inmobles sitos nos seus respectivos termos municipais e que pertenceron ás extintas cámaras agrarias locais, para destinalos a actividades de interese agrario.

Mediante os decretos 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), 269/1997, do 18 de setembro (DOG nº 191, do 3 de outubro), 302/1997, do 23 de outubro (DOG nº 212, do 3 de novembro), e 99/1999, do 8 de abril (DOG nº 75, do 21 de abril), desafectáronse do dominio público, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Moeche, Monfero, Oroso, Ponteceso, Santiso, Antas de Ulla, Cervo, Ourol, Paradela, O Irixo, Cangas e Poio.

Pola orde da Consellería de Economía e Facenda, do 2 de xullo de 1999 (DOG nº 144, do 28 de xullo) declarouse a alienabilidade dos anteditos inmobles.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da mencionada consellería, tramitou o expediente de cesión do uso de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, e tendo en conta o informe favorable da, no seu día, Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía

e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdanse as cesións a título gratuíto que a continuación se relacionan:

1. A favor do Concello de Moeche, do dereito de uso dun terreo e monte ermo nos arredores do lugar de San Ramón, ó que lle chaman Amanxeiroa de Arriba, parroquia de San Xoán de Moeche, municipio de Moeche (A Coruña), que mide a superficie de dúas áreas, producto de 20 m de longo por 10 m de largo. Linda: norte e sur, máis de Consuelo Canosa Ramil; leste, Manuel Gabeiras; e oeste, camiño veciñal que da estrada de Viveiro a Liñares vai ó Cristo de Rañal pasando pola Feira de Moeche. Dista da estrada de Viveiro a Liñares 58 m desde o seu extremo norte.

Sobre o predio anteriormente descrito construíuse un edificio de 15 m por 9 m, destinado a almacén e oficinas que ten adosado un alpendre de 26 m e un centro de inseminación artificial de 14,40 m, cun baldío unido de 24,60 m.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 1.892, libro 49, folio 41, predio nº 2.807, inscrición 3ª.

2. A favor do Concello de Monfero, do dereito de uso dun edificio de planta baixa e alta, con 234 m construídos, que se asenta sobre un soar no lugar de Rebordelo, nº 9, parroquia de San Fiz, municipio de Monfero (A Coruña), de 619 m en total. Linda: norte, Manuel Bouza Deive; sur, Herminia Rejo Sanjúan e Hilda-Azucena Cachaza Rejo; leste, estrada de Vilar a Curtis, nunha liña de 13,40 m.; e oeste, camiño público.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume no tomo 648, libro 41, folio 112, predio nº 5.433, inscrición 3ª.

3. A favor do Concello de Oroso, do dereito de uso dun local nº 3 do edificio Mirasol, portais VII-VIII-IX, edificado na parcela quinta fase, sito no lugar de Sigüeiro, municipio de Oroso (A Coruña): local comercial nº 3 na planta baixa. Superficie útil, 51,88 m Linda: norte, portal IX e local comercial nº 2; sur, parcela fase sexta; leste, portal IX e a rúa do Deporte; e oeste, xardín e patio interior.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 619, libro,86, folio 87, predio nº 9.596, inscrición 3ª.

4. A favor do Concello de Oroso, do dereito de uso dun local nº 4, do edificio Mirasol, portais X e XI, edificado na parcela sexta fase, sito no lugar de Sigüeiro, municipio de Oroso (A Coruña): local comercial nº 1 na planta baixa. Superficie útil, 136,77 m. Lindeiros: con inclusión do núcleo de portal X e escaleiras: norte, Edificio Mirasol portais

VII-VIII-IX; sur, local comercial nº 2 (nº 5); leste, a rúa do Deporte; e oeste, patio axardinado.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 628, libro 89, folio 1, predio nº 9.688, inscrición 3ª.

5. A favor do Concello de Ponteceso, do dereito de uso dun edificio de planta baixa e alta que ocupa a superficie total do seu soar de 150 m, situado no lugar de Trabe, parroquia de Tella, municipio de Ponteceso (A Coruña). Linda: norte, rúa de acceso ás vivendas do grupo escolar; e sur, leste e oeste, predio matriz, concello.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo no tomo 865, libro 116, folio 199, predio nº 10.006, inscrición 3ª.

6. A favor do Concello de Santiso, do dereito de uso dun edificio de planta baixa situado na parroquia de Arcediago, municipio de Santiso (A Coruña), que ten unha superficie construída de 86 m aproximadamente, sobre un soar de 108 m, resultante da agrupación de dous predios de 36 m e 72 m. Linda o novo predio agrupado: fronte; estrada da deputación provincial; esquerda entrando, antiga Casa do Concello; dereita entrando, Ramón Eladio Guerreiro Pereiro; e fondo, Ovidio Joaquín Mouriño Cao.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 562, libro 30, folio 91, predio nº 5.028, inscrición 1ª.

7. A favor do Concello de Antas de Ulla, do dereito de uso dun edificio de dúas plantas, baixo e primeiro cunha superficie total construída de 183 m, asentado sobre un predio denominado Nabal de Seoane ou de Porta, situado na parroquia e municipio de Antas de Ulla (Lugo), de forma rectangular, que ten 9,2 m de fondo por 10 m de fronte, é dicir, unha superficie de 92 m.

Linda: norte, estrada; sur, leste e oeste, predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada no tomo 582, libro 57, folio 214, predio nº 10.610, inscrición 3ª.

8. A favor do Concello de Cervo, do dereito de uso dun soar, sen número de goberno, na Chousa da Pena da Arca e sitio de Andreallo, na parroquia e municipio de Cervo (Lugo), que ten unha superficie de 510 m. Sobre este terreo construíuse unha edificación de planta baixa e alta, de 100 m por planta, destinada a almacén e oficinas. Linda: norte, herdeiros de José María Crego, parede medianil; sur e oeste, predio matriz; e leste, estrada que baixa a Cervo, hoxe Avda. de Galicia.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Viveiro no tomo 725, libro 133, folio 31, predio nº 3.765, inscrición 3ª.

9. A favor do Concello de Ourol, do dereito de uso dun edificio de planta baixa e soto, que ocupa 91 m dun soar de 770 m, nas inmediacións do

lugar do Mesón do Castelo, marxe dereita da estrada que de Ourol conduce á Feira do Carme, na parroquia e concello de Ourol (Lugo), hoxe Ourol nº 20. Linda: norte, Cándido García Pardo; sur, herdeiros de Francisco Chao de Arriba, hoxe Amelia Chao Chao; leste, dos de Ramón Rodríguez Gómez, hoxe herdeiros de María Rodríguez; e oeste, a antedita estrada de Ourol á Feira do Carme ou a Xerdiz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Viveiro no tomo 734, libro 120, folio 91, predio nº 13.139, inscrición 1ª.

10. A favor do Concello de Paradela, do dereito de uso dun edificio de planta baixa e piso, que ten unha superficie total construída de 345 m, que se asenta sobre un soar ó que lle chaman Monte da Pega, parroquia de San Miguel de Paradela, termo municipal de Paradela (Lugo), cunha superficie de 210 m. Estrema: norte, con máis de González e González, hoxe fin do núcleo urbano; sur ou fronte, camiño, hoxe praza Fraga Iribarne; leste, máis de González e González, hoxe parcela de Ángel Pallares López; e oeste, máis de Camilo González González e outro.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Sarria no tomo 397, libro 33, folio 44, predio nº 3.599, inscrición 1ª.

11. A favor do Concello do Irixo, do dereito de uso dun edificio de planta baixa situado no lugar da Ponte, s/n, municipio do Irixo (Ourense), que ocupa 171 m do soar sobre o que se asenta que ten unha superficie total de 300 m. Estrema: norte, José López Marnotes e José Benito Adán González; sur, praza pública; leste, Andrés Novoa Des; e oeste, Casa do Concello do Irixo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade do Carballiño no tomo 444, libro 37, folio 46, predio nº 4.934, inscrición 5ª.

12. A favor do Concello de Cangas, do dereito de uso da primeira planta alta do edificio sinalado co nº 4 na rúa de Cuba (antes Paseo de Castelao), na vila e municipio de Cangas (Pontevedra). Ocupa unha superficie útil de 195,25 m. Ten o seu acceso a través das escaleiras que se forman na planta baixa. Linda, tomando como referencia a rúa Cuba: fronte ou norte, a devandita rúa; costas ou sur, rúa sen nome e despois serradeiro de madeira dos herdeiros de José Solla Graña; esquerda, é dicir, leste, espacio público urbanizado denominado Rúa Areal; dereita ou oeste, outra rúa e en fronte Casa do Concello e terreo anexo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra no tomo 1.384, libro 188, folio 188, predio nº 16.563, inscrición 1ª.

13. A favor do Concello de Poio, do dereito de uso dun edificio de planta baixa e alta que ocupa 158 m do predio de labradío sobre o que se asenta, que ten unha extensión total de 187 m, no lugar do Casal, hoxe rúa do Casal nº 10, parroquia de San Xoán, municipio de Poio (Pontevedra). Estrema:

norte, casa principal do Casal; sur, estrada de Campelo; leste, Manuel Torres Casas, valo no medio; e oeste, resto do predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra no tomo 1.385, libro 106, folio 161, predio nº 9.249, inscrición 1ª.

Artigo 2º

As cesións de uso relacionadas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) O fin da cesión será a dedicación do inmoble a fins e servicios de interese xeral agrario.

b) A cesión do uso outórgase por un período de dez anos, contados desde a sinatura da correspondente escritura pública, prorrogable por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo da petición do cesionario con anterioridade ó vencemento do período anterior; queda excluída a tácita reconducción.

c) Se o dereito cedido non se aplicase ó fin sinalado dentro do prazo de dous anos contado desde o outorgamento da escritura pública, se deixase de estalo con posterioridade, se se descoidase ou utilizase con grave quebramento, ou se incumprise calquera das outras cláusulas, considerarase resolta a cesión e o dereito reverterá á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

d) Serán por conta do cesionario:

-Os gastos de conservación e mantemento do inmoble do que se cede o uso.

-Os gastos polos servicios con que conte o inmoble que se individualicen mediante aparellos contadores.

-As cotas dos tributos que poidan grava-lo inmoble.

e) As obras de adaptación, reparación e mellora do inmoble, que serán por conta da entidade cesionaria, requirirán a presentación do proxecto e a súa aprobación pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda. En todo caso, as expensas investidas quedarán en beneficio do inmoble e, en ningún caso, poderán ser reembolsadas pola Comunidade Autónoma de Galicia, propietaria do inmoble.

f) O cesionario subscribirá unha póliza a todo risco, de perdas ou danos materiais, polo importe do valor do inmoble segundo o reflectido no Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma, e outra póliza de responsabilidade civil que garanta posibles danos a terceiros por un importe mínimo de vintecinco millóns de pesetas. A Comunidade Autónoma de Galicia será a beneficiaria e a asegurada, respectivamente, destas pólizas de aseguramento, que se manterán durante todo o período de cesión, prazo inicial e, de se-lo caso, prórrogas.

Artigo 3º

As devanditas cesións de uso formalizaranse mediante escritura pública subscrita pola Secretaría Xeral e do Patrimonio ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario; serán por conta deste os custos de formalización.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vintetrés de setembro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda