En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de reestructuración do aproveitamento hidroeléctrico do Pindo (río Xallas), situado en Cee (A Coruña).
2. Para os devanditos efectos informativos, porase, á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.
-Concello de Cee.
3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de vinte días contando a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1999.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

