Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 02 de novembro de 1999 Páx. 12.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se anuncia a exposición pública das listas prosionais das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I, II, III correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 1999 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 6 procedemento do acordo da Comisión paritaria de acción social sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio 1999 para o persoal ó servicio da Administración de xustiza nesta Comunidade Autonóma, ó que se lle deu publicidade por resolución do 18 de maio de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 102, do 31 de maio de 1999, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ós programas I, II e III: axuda fillos e estudios fillos, estudios funcionarios e axuda minusválidos, que están expostas no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servicio de Xerencia.

Segundo.-Notificar persoalmente da súa admisión ou exclusión ós solicitantes do programa IV: axuda gastos médicos (psicoterapia)

Terceiro.-Para tódolos programas, incluído o programa IV, poderase presentar escrito e, se é o caso,

documentos de reparación de faltas e erros no prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no devandito punto 6 do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1999, nos rexistros xerais dos órganos administrativos establecidos no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (praza de Europa, 5A-4º polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local