Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: reforma L.M.T. Ponteareas-Mondariz, tramo Mondariz B-Cela.
Situación: Mondariz.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 897 m de lonxitude, desde o C.T. Mondariz Balneario ata o entroncamento coa L.M.T. a Lordelo, en Cela, e 300 m de lonxitude, desde o C.T. de Mondariz Balneario ata o C.T de augas de Troncoso, con conductor tipo LA-110 sobre apoios metálicos, concello de Mondariz.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 20 de setembro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra