A Comisión de Goberno, en sesión do 27 de setembro do 1999 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 14.2 do PXOU-A Parda, promovido pola xunta de com-
pensación do mesmo nome e redactado polos arquitectos José Vicente Rodríguez Pagán e Daniel Gómez Ayuso, con visado da delegación en Pontevedra co COAG do 9-3-1999, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.
Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Fomento-rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.
Pontevedra, 13 de outubro do 1999.
Raimundo González Carballo
Alcalde accidental
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

