En virtude do disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, na redacción dada a este polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social (BOE nº 313, do 31), e intentada a notificación por dúas veces sen se poder practicar por causas non imputables á Administración tributaria, polo presente anuncio son citados os suxeitos pasivos, obrigados tributarios ou representantes que se relacionan no anexo, para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que nel se inclúen.
Os interesados ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificados no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ó da súa publicación no boletín oficial correspondente, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinala (ver táboa anexo I).
Cando, transcorrido o dito prazo, non se comparecese, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Madrid, 3 de setembro de 1999.
Juan Beceiro Mosquera
Delegado especial AEAT
ANEXO I
Órgano responsable e lugar de comparecencia
28006.-Admón. Alcobendas. R/ Ruperto Chapí, 30, 28100 Alcobendas.
28007.-Admón Alcorcón. R/ Parque Ordesa, 3, 28925 Alcorcón.
28013.-Admón. Aranjuez. Ala norte de la Casa de Caballeros, 12, 28300 Aranjuez.
28054.-Admón. El Escorial. Pz. Segovia, 1, 28280 El Escorial.
28074.-Admón. Leganés. Pza. Comunidad de Madrid, 4, 28914 Leganés.
28092.-Admón. Móstoles. R/ Bécquer, 2, 28932 Móstoles.
28115.-Admón. Pozuelo de Alarcón. CM Valdenigriales, 4, 28223 Pozuelo de Alarcón.
28601.-Admón. Arganzuela. R/ Guzmán El Bueno, 139 (Sot. 1), 28003 Madrid.
28602.-Admón. Carabanchel. R/ Aguacate, 27, 28044 Madrid.
28603.-Admón. Centro. R/ Montalbán, 6, 28014, Madrid.
28605.-Admón. Chamartín. R/ Asensio Cabanillas, 5, 28003 Madrid.
28606.-Admón. Fuencarral. R/ Fermín Caballero, 66, 28034 Madrid.
28607.-Admón Hortaleza-Barajas. R/ Torquemada, 2, 28043 Madrid.
28609.-Admón. Villa de Vallecas. R/ Puentelarra, 8, 28031, Madrid.
28611.-Admón. Retiro. Pza. Dr. Laguna, 11-12-13, 28009 Madrid.
28612.-Admón. Salamanca. R/ Núñez de Balboa, 40, 28001 Madrid.
28613.-Admón. San Blas. R/ Pobladura del Valle, 15, 28037 Madrid.
28614.-Admón. Puente de Vallecas. R/ Manuel Arranz, R/V Cuelgamuros, 20, 28038 Madrid.
28615.-Admón. Villaverde-Usera. R/ Almendrales, 35, 28026 Madrid.
28616.-Admón. Guzmán el Bueno. R/ Guzmán el Bueno, 139, 28003 Madrid.
28622.-Dependencia de Recadación. R/ Guzmán el Bueno, 139, 28003 Madrid.
28952.-Dep. Central de Recadación. R/ Lérida, 32-34, 28020 Madrid.
Suxeito pasivo NIF/CIF Nº Exp. Procedemento Órgano (1)
Lugar Unidade
Aluminio Extruido y Laminados A-78.447.851 C1100099270008904 Constrinximento 28115 Recadación Iglemor, S.A. A-78.772.654 C1100099150040033 Constrinximento 28622 28782

