Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.182

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de outubro de 1999 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da do 25 de agosto de 1999, conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Industria e Comercio, pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para o fomento da cooperación en materia de investigación e desenvolvemento, correspondente ó Programa de Apoio á I+D Industrial. Tecnoloxías Industriais do Plan Galego de IDT.

As consellerías da Presidencia e Administración Pública e Industria e Comercio dictaron a Orde conxunta do 25 de agosto de 1999 pola que se convocan axudas para o fomento da cooperación en I+D. Esta orde ten por obxecto fomenta-la realización de proxectos de investigación cooperativa entre empresas galegas e institutos, centros tecnolóxicos ou departamentos universitarios.

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axuda a presentación, antes do día 15 de novembro de 1999, da documentación acreditativa do investimento realizado.

Tendo en conta o atraso con que foi publicada a devandita orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que nos foron concedidas,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde das consellerías da Presidencia e Administración Pública e Industria e Comercio do 25 de agosto de 1999, ata o día 30 de novembro de 1999.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

Jaime Pita VarelaJuan Rodríguez Yuste

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Industria

e Administración Públicae Comercio