Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/158-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Polirros, S.L.

Domicilio social: O Barrio Novo, 19, 36770 O Rosal.

Denominación: L.M.T. e C.T. Campo dos Seixos-Cortiñas Novas-Eiras.

Situación: O Rosal.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 124 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 3 da L.M.T. a Bodegas As Eiras, continuando 20 m en subterránea, con conductor tipo R.H.V. ata o C.T. que se proxecta nas Eiras, concello do Rosal. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kVA-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 6 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra