Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de vivenda E.S.OU-23/99, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O acordo de incoación dictado no procedemento sancionador de referencia considérase proposta de resolución de acordo co establecido no artigo 19.2º do Regulamento da potestade sancionadora da Administración, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), fronte ó que os interesados poderán efectuar alegacións e presenta-los documentos e informes que consideren convenientes no prazo de quince días. Igualmente poderán acceder ó contido do expediente u obter copias dos documentos que figuran nel.

Ourense, 30 de setembro de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: E.S. OU-23/99.

Presunto responsable: Álvaro García Martínez.

DNI: 76.700.426.

Último enderezo coñecido: rúa A Lastra, bloque II, 2º A. A Rúa.

Feitos imputados: non dedica-la vivenda de protección oficial da que é titular a residencia habitual e permanente.

Precepto sancionador: artigo 153.b) 6 do Regulamento de vivendas de protección oficial.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción proposta: 100.001 ptas.