Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 10 de novembro de 1999 Páx. 13.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTES

EDICTO.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Outes.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de mobiliario con destino ó Centro Socio Cultural e Xuvenil de Outes.

b) Número de unidades: segundo prescricións técnicas.

c) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 13.702.813 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 548.112 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Outes. Teléfono: 981 85 00 03. Fax: 981 85 03 87.

7. Requisitos específicos do contratista: ver cláusula 9 do prego.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o día segundo ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: tres sobres pechados coa documentación e requisitos da cláusula 9 dos pregos.

c) Lugar de presentación: rexistro do concello, en horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

9. Apertura das ofertas.

a) No concello, ás 14 hoas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de coincidir en sábado trasladarese ó luns.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outes, 5 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado