Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Con
sello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 169 do 1 de setembro de 1999, de conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e logo do acordo da Comisión de Goberno do 7 de outubro deste ano,
RESOLVO:
Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se expresan no anexo desta resolución, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria.
Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de toma de posesión das prazas adxudicadas comezará a contarse a partir do día seguinte do cesamento, e será de tres días, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
O cómputo do prazo posuisorio iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lle fosen concedidos ós interesados.
Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.
Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1999.
Carlos Otero Díaz
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
ANEXO
NRP/DNI: 1085498146 A0620.
Grupo: B.
Apelidos e nome: Mosteiro Agra, Luis Javier.
Posto de traballo: técnico de auditoría.
Nivel: 25.
Localidade: Santiago de Compostela.
NRP/DNI: 3274632057 A1135.
Grupo: C.
Apelidos e nome: Cadavid López, Mª Begoña.
Posto de traballo: axudante auditoría.
Nivel: 22.
Localidade: Santiago de Compostela.

