Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/77-2, 5121 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Taboi (Outeiro de Rei).

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. de Taboi de 531 metros a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56. L.M.T. ó C.T. do Pasadoiro de 228 metros a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. 2 C.T.I. de Taboi e O Pasadoiro, ambos de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Taboi de 2.070 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. do Pasa

doiro de 1.190 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 14 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo