Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, da contratación do servicio de limpeza nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo na Coruña (Biblioteca Pública, Museo das Peregrinacións e Museo de Belas Artes).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, con expediente anticipado de gasto, do seguinte contrato de servicio:

-Limpeza nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo na Coruña (Biblioteca Pública, Museo das Peregrinacións e Museo de Belas Artes).

-Orzamento de licitación: quince millóns cento setenta mil catrocentas pesetas (15.170.400 ptas.), IVE incluído, condicionado á aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

-Prazo de execución: doce meses (12).

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas e o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asi

nados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se tramitan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo