Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 19 de novembro de 1999 Páx. 13.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do día 28 de outubro de 1999, tomou coñecemento do avance do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de San Cibrao das Viñas, redactado por Ingeniería del Atlántico, S.A., e acordou abrir un período de información pública durante un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, publicando igualmente anuncio nun dos xornais de máxima circulación da provincia.

As entidades e particulares, durante o devandito prazo, poderán examina-lo referido plan nas oficinas

municipais, desde as 9 ás 14 horas, e suxeri-lo que coiden oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que consideren procedentes.

San Cibrao das Viñas, 5 de novembro de 1999.

Elisa Nogueria Méndez

Alcaldesa