IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS
CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se outorgan destinos correspondentes ó concurso de traslados do 26 de xullo de 1999, polo que se ofertaban prazas de nova creación dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.
Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 223, do xoves, 18 de novembro de 1999, cómpre face-la oportuna corrección:
-No anexo I, desde Álvarez Area Salgado, Mª Dolores, ata Rodríguez Carballal, Milagros, debemos incluílos no corpo de auxiliares da Administración de xustiza, e, desde Calvo Galdo, Mª José ata o final, debemos incluílos no corpo de axentes da Administración de xustiza.