Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.789

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 300/1999, do 21 de outubro, polo que se desafecta do dominio público a parcela 639 da zona de concentración parcelaria da parroquia de San Fiz de Fóra (Santiago de Compostela).

A Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do establecido na disposición adicional 7ª.1 da Lei 11/1995, do 28 de decembro (DOG nº 249, do 30 de decembro), posúe a propiedade da parcela nº 639 da zona de concentración parcelaria de San Fiz de Fóra, Santiago de Compostela, adscrita á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para a súa aplicación a fins e servicios de interese xeral agrario no ámbito territorial da extinta cámara agraria local de Santiago de Compostela, patrimonio do que procede.

Este inmoble resultou afectado polos expedientes expropiatorios de obras da demarcación de estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, nº 60, clave 40-LC 2450, circunvalación de Santiago de Compostela. Conexión entre a N-550, p.k. 58,3 e o enlace norte da autoestrada A-9. Tramo: San Lázaro-Polígono do Tambre. TM Santiago de Compostela, e o nº 683 do proxecto de construcción CN-634 de San Sebastián a Santiago de Compostela, p.k. 710,1 ó 720,5, variante acceso noroeste de Santiago de Compostela. Tramo: aeroporto-Santiago de Compostela.

Por isto, e ó abeiro do artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, que sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título, e á vista do informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 22 de setembro de 1999, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda expediente de desafectación do dominio público do mencionado inmoble para posibilita-la súa disposición patrimonial.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de outubro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctase do dominio público o ben descrito a continuación:

Parcela nº 639 da zona de concentración parcelaria da parroquia de San Fiz de Fóra, municipio de Santiago de Compostela, á que lle chaman Rego Pequeno de Abaixo, que ten unha superficie de 3.601 m; estrema: norte, Peregrina Mallou Souto e Manuel Esturao Hermida; sur, Manuel Rodríguez Iglesias; leste, camiño de concentración; e oeste, camiño de concentración. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, no tomo 1237, libro 244, folio 138, predio nº 25.601.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, vinteún de outubro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda