Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 02 de decembro de 1999 Páx. 14.192

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 5 de novembro de 1999, e correspondentes ás categorías 1 e 11 do grupo V.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 22 de novembro de 1999,

resolución estimatoria do recurso formulado por Dolores Quinteiro Tieso, contra a Resolución do 5 de novembro de 1999, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ás categorías 1 e 11 do grupo V.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta nas listas publicadas por Resolución do 5 de novembro de 1999, no sentido de que debe figurar na lista A.1 para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 11 do grupo V, cos datos seguintes:

-Dolores Quinteiro Tieso.

DNI número 35.247.692.-No posto número 4 para o ámbito territorial X3601.-No posto número 13 para o ámbito territorial X3606.-No posto número 4 para o ámbito territorial X3607.-No posto número 26 para o ámbito territorial X3609.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública