Advertida omisión, na devandita resolución, publicada no DOG nº 170, do xoves, 2 de setembro de 1999, cómpre efectua-la oportuna corrección:
Na páxina 10.872, debe engadirse despois do segundo parágrafo da columna da dereita, o seguinte texto:
«Así mesmo comprobouse que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57 B) da devandita lei e artigo 26 do mencionado decreto».

