Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle a José Nóbrega Chicharro a proposta do expediente sancionador (VP-C
5/1998), por realizar obras non autorizadas, incumprindo os artigos 109 e 110 do Regulamento de VPO conforme o establecido no seu artigo 154.
Á dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 1.000.000 de ptas. sen prexuízo da obriga de cumpri-la orde de obra dada.
Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déaselle traslado ó interesado concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes. A presente proposta non é susceptible de recurso.
E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 12 de novembro de 1999.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña

