Entidade adxudicadora: Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Obxecto do contrato: a recollida e retirada de vehículos e outros obstáculos da vía pública. Duración: 4 anos prorrogables de ano en ano.
Obrigas e dereitos do contratista: os establecidos no prego. Garantía provisional: 100.000 ptas. Obtención de documentación e información; chamando ó Concello da Estrada, teléfono 57 01 65, extensión 15. Facilítanse fotocopias dos pregos. Presentación de ofertas, no Rexistro de Plicas na secretaría, de 9 a 13 horas, nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio no DOG. De ser sábado ou inhábil trasladaríase ó día seguinte hábil.
Documentos que hai que presentar:
Sobre 1: coa inscrición «Concurso contratación guindastre». «Documentación». Conterá: documento xustificativo da personalidade do licitador, de ser persoa xurídica poder verificado polo secretario da corporación. Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, do artigo 20 da Lei 13/1995. Xustificante de ter constituída a fianza provisional, Xustificante da solvencia económica, financeira e técnica a que se refiren os artigos 15 e seguintes da Lei 13/1995.
Sobre 2: coa inscrición «Contratación guindastre. Oferta económica». Proposición adaptada ó modelo.
Sobre 3: conterá os medios técnicos e persoais que se asignarán ó servicio.
Apertura de ofertas: ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación, de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.
Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Pregos íntegros publicados no BOP do 11-11-1999.
A Estrada, 11 de novembro de 1999.
O alcalde accidental
Rubricado

