Nos boletíns oficiais da provincia de Lugo, números 252 e 257 con data do 3 e 9 de novembro de 1999, respectivamente, publícanse as bases xerais e bases específicas e maila convocatoria para a provisión das prazas do cadro de persoal funcionario, que a continuación se relacionan, vacantes na R.P.T. desta entidade para o ano 1999, que se proverán polo sistema de concurso-oposición, reservadas a promoción interna.
Nº de prazas Denominación Grupo
1 oficial fontaneiro
4 oficial oficios múltiples
1 oficial oficios múltiples-conductor1 Técnico Administración Financeira e Contabilidade A 5 Administrativo C 1 Coordinador obras cooperación C 1 Capataz coordinador subministracións C 1 Mecánico-conductor D 1 Conductor D 7 1 oficial pintor
D
Presentación de instancias: dirixiranse ó presidente da Deputación Provincial de Lugo, no modelo que figura como anexo I das bases xerais e que se facilitará no Negociado de Selección, Promoción e Carreira (Sección de Administración de Persoal) desta deputación provincial. Presentaranse no rexistro xeral desta entidade, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOE.
Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de edictos desta corporación.
Lugo, 10 de novembro de 1999.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo

