Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.874

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 3 de decembro de 1999 pola que se dispón o cesamento dun membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de informar tódolos ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. A revogación da súa acreditación correspóndelle ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, de acordo co procedemento previsto no artigo 13 do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.-O cesamento como membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, da persoa que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1999.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Persoa que cesa como membro do C.E.I.C. de Galicia:

Teresa López Rodríguez

(Enfermeira do CH Pontevedra)