Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.010

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de decembro de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

O Decreto 243/1995, do 28 de xullo (DOG nº 159, do 21 de agosto), polo que se regula o réxime de acreditación dos centros de servicios sociais, así como a Orde do 29 de febreiro de 1996 (DOG nº 57, do 27 de marzo) pola que se regulan os requisitos específicos que deben reuni-los centros de menores e os centros de atención á infancia establecen entre outros, os requisitos materiais, na súa maioría de natureza arquitectónica que deberán reuni-los ditos centros.

Todo isto, así como a necesidade de completa-los equipos de seguimento das medidas xudiciais en materia sancionadora-educativa referidas a menores, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día 1 de xaneiro de 2000.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER

E XUVENTUDE

Servicios centrais

Na relación de postos de traballo dos servicios centrais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude publicada no DOG nº 95, do 20 de maio de 1998 (corrección de erros DOG nº 158, do 17 de agosto) e DOG nº 140, do 22 de xullo de 1999 (corrección de erros DOG nº 151, do 6 de agosto), prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Creacións:

-Na páxina 5.530, no centro de destino «SECRETARÍA XERAL», engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «FA.C02.00.000.15770.035».

Denominación: «ARQUITECTO TÉCNICO DE FUNCIÓNS FACULTATIVAS».

Vacante: «SI».

Nivel: «22».

Complemento específico: «817.740».

Tipo posto: «N».

Forma de provisión: «C».

Grupo: «B».

Corpo/escala: «ESPECIAL».

Titulación académica: «3001».

Supresións:

-Na páxina 9.470, no centro de destino «DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA», suprímese o posto co código «FA.C03.00.000.15770.020.-POSTO BASE GRUPO E».

Persoal laboral

Creacións:

-Na páxina 5.534, no centro de destino «S.X. CONTRATACIÓN E CONTROL ORZAMENTARIO», engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «FA.C02.00.002.15770.086».

Denominación: «OFICIAL 1ª CONDUCTOR».

Vacante: «SI».

Forma de provisión: «C».

Grupo: «III».

Categoría: «63».

Complemento de convenio: «774.540».

Observacións: «DISPOÑIBILIDADE HORARIA».

Servicios periféricos

Na relación de postos de traballo dos servicios perifércios da Consellería de Familia, Muller e Xuventude publicada no DOG nº 184, do 22 de setembro de 1998, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Creacións:

-Na páxina 10.535, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA», engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «FA.C99.10.000.15001.003».

Denominación: «ARQUITECTO TÉCNICO DE FUNCIÓNS FACULTATIVAS».

Vacante: «SI».

Nivel: «22».

Complemento específico: «817.740».

Tipo posto: «N».

Forma provisión: «C».

Grupo: «B».

Corpo/escala: «ESPECIAL».

Titulación académica: «3001».

-Na páxina 10.546, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA-VIGO», engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «FA.C99.10.000.36560.002».

Denominación: «ARQUITECTO TÉCNICO DE FUNCIÓNS FACULTATIVAS».

Vacante: «SI».

Nivel: «22».

Complemento específico: «817.740».

Tipo posto: «N».

Forma provisión: «C».

Grupo: «B».

Corpo/escala: «ESPECIAL».

Titulación académica: «3001».

Persoal laboral

Creacións:

-Na páxina 10.549, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA», engádese o seguinte posto de traballo:

Código do posto: «FA.C99.10.000.15001.209».

Denominación: «TITULADO SUPERIOR PEDAGOGO».

Vacante: «SI».

Forma provisión: «C».

Grupo: «I».

Categoría: «11».

-Na páxina 10.559, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE», engádense os seguintes postos de traballo:

Código do posto: «FA.C99.10.000.32001.210».

Denominación: «TITULADO SUPERIOR PEDAGOGO».

Vacante: «SI».

Forma provisión: «C».

Grupo: «I».

Categoría: «11».

Código do posto: «FA.C99.10.000.32001.219».

Denominación: «ASISTENTE SOCIAL».

Vacante: «SI».

Forma provisión: «C».

Grupo: «II».

Categoría: «17».

Modificacións:

-Na páxina 10.549, no centro de destino «DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA», os postos «FA.C99.10.000.15001.207» e «FA.C99.10.000.15001.208» (titulado superior formación ocupacional), pasan a te-los códigos «FA.C99.10.000.15001.211» e «FA.C99.10.000.15001.212» respectivamente.