Recibida providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 214/1999, interposto por Mª Dolores Fernández Rodríguez, contra a Resolución do 25 de xuño de 1999, pola que se outorgaban os destinos correspondentes ó concurso de traslado do 5 de outubro de 1998, polo que se convocaban prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.
A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e son eprazadas para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 1999.
José Antonio Álvarez Vidal
Director xeral de Xustiza e Administración Local