Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 169

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de xaneiro de 2000 que modifica a do 1 de decembro de 1999 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Por Orde do 1 de decembro de 1999 (DOG nº 235, do 7 de decembro) convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Co informe favorable da Comisión de Persoal, do 22 de decembro de 1999, e de conformidade co establecido na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, o artigo 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e demais normas concordantes, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-lo terceiro parágrafo da base II.5 da Orde do 1 de decembro de 1999, polo que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, que pasa a te-la seguinte redacción:

«Linguaxe administrativa, nivel medio de linguaxe administrativa local galega ou de linguaxe xurídica galega, os ciclos elemental e superior dos estudios de galego das escolas oficiais de idiomas: 3 puntos».

Segundo.-Engadir na relación de vacantes os postos que figuran como anexo a esta orde.

Terceiro.-A data límite para a presentación das instancias no concurso coincidirá co último día dos 15 hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo

de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de

conformidade co establecido no artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

POSTO

CÓDIGO DO POSTO

NIVEL

C. ESPEC.

GRUPOS

CORPO/ESCALA

DENOMINACIÓN DO POSTO

DEPENDENCIA

(1)

CONCELLO

REQUISITOS INDISPENSABLES

1140PR.A01.00.000.15770.012251.192.548AXERALXEFE SECCIÓN ESTUDIOS E LINGUAXEESCOLA GALEGA ADMÓN.PÚBLICA15770LCDO. EN DEREITO

1141PR.C02.00.004.15770.016251.192.548AXERALXEFE SECCIÓN XESTIÓN E CONTROL ORZAMENTARIOS.X. SERVICIOS15770LCDO. CIENCIAS ECONÓMICAS

1142PR.P03.00.000.15770.113251.192.548A/B/CXERALXEFE SECCIÓN XESTIÓN ORZAMENTARIAS.X. RELACIÓNS COMUNIDADES GALEGAS15770

1143CU.C03.00.001.15770.035251.192.548A/B/CXERALSECCIÓN DO LIBROD.X. PROMOCIÓN CULTURAL15770

1144XU.C02.00.000.15770.00922817.740AXERALSECCIÓN CSECRETARÍA XERAL15770LCDO. EN DEREITO

1145XU.C02.00.000.15770.01122817.740AXERALSECCIÓN CSECRETARÍA XERAL15770LCDO. EN DEREITO

1146XU.C04.00.000.15770.00622817.740A/BXERALSECCIÓN CD.X. RELACIÓNS LABORAIS15770LCDO EN DEREITO/GRADUADOS SOCIAIS

1147XU.C04.00.001.15770.008251.192.548AXERALSECCIÓN DE COORDINACIÓN LABORALS.X. DE TRABALLO15770LCDO. EN DEREITO

1148XU.C06.00.000.15770.005251.192.548AXERALSECCIÓN DE ADMINISTRACIÓNCONS. GALEG. RELACIÓNS LABORAIS15770LCDO. CIENCIAS ECONÓMICAS/LCDO. EN DEREITO

1149XU.C03.00.001.15770.00622817.740AXERALSECCIÓN CS.X. RELACIÓNS COA ADMÓN. XUSTIZA15770LCDO. EN DEREITO

1150XUC.99.10.000.15001.103241.056.252AXERALSECCIÓN DO XOGOSERVICIOS PERIFÉRICOS15001LCDO. EN DEREITO

1151XU.C99.10.000.32001.029241.056.252AXERALSECCIÓN DE SANCIÓNSSERVICIOS PERIFÉRICOS32001LCDO. EN DEREITO