Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 300/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública de solicitude a Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 1.159 m de lonxitude, coa orixe na liña Circunvalación-Santiago de Compostela e final no C.T. Montes e Casal da Horta, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Montes e Casal da Horta, do que parte rede de baixa tensión sobre

apoios de formigón e conductor R.Z. de 25 m de lonxitude. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración das zonas de Montes e Casal da Horta. No termo municipal de Santiago de Compostela. (Expediente 300/1999).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivados do proxecto nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o día seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 26 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 300/99 Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Montes e Casal da HortaTermo municipal: Santiago de Compostela.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1A Beira do RíoLabradíoAntonio Proupin GarcíaTrav. Vista Alegre, 69

15705 Santiago de Compostela

72382

2A Beira do RíoLabradíoConcepción Mallo VitesLugar de Montes, 2

15898 Santiago de Compostela

30324

3O BosquePradoCarmen Taboada BreaLugar de Lermo

15898 Santiago de Compostela

1 e 242422.420

4O BosqueLabradíoHros. Carmen de Andrés Moreno

Mª Luisa de la Peña de Andrés

Casas Reais, 10

15704 Santiago de Compostela

3œ 4 e 54, 54354.350

5A PereiraLabradíoSantiago Rodríguez García e outrosCasal de Horta, 1

15898 Santiago de Compostela

10100

6A PereiraLabradíoJuana Casamans SánchezO Lombao-Covas, 3

15864 Ames

œ 4112120

7A PereiraLabradíoSantiago Rodríguez GarcíaO Casal de Horta, 1

15898 Santiago de Compostela

58580

8O SoutoLabradíoAntonio Arcos Carballo e irmánsr/ Benito de Castro, 6-3º C

28028 Madrid

6285788

10O SoutoLabradíoEncarnación Noya CajideC. Jardín-Irún, 2-G.42

20300 Guipúscoa

756

11O SoutoLabradíoEnrique Iglesias PortoVista Alegre, 161

15705 Santiago de Compostela

972

12O SoutoLabradíoLourdes Viqueira Mallo e irmánsA Torreira, 35

15898 Santiago de Compostela

30280

14O SoutoLabradíoConcepción Mallo VitesLugar de Montes, 2

15898 Santiago de Compostela

15105

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

15O SoutoLabradíoJosé Arcos Carballor/ Federico Chueca-La Paterna, 19-3º Esq.

35013 A Coruña

13130

17O SoutoLabradíoConcepción Mallo VitesLugar de Montes, 2

15898 Santiago de Compostela

13130

19O SoutoLabradíoSantiago Figueiras FerreiroVista Alegre, 46

15705 Santiago de Compostela

œ 71978

20O TafánLabradíoConcepción Mallo VitesLugar de Montes, 2

15898 Santiago de Compostela

19120

22A XesteiraLabradíoConcepción Mallo VitesLugar de Montes, 2

15898 Santiago de Compostela

40400

23A XesteiraLabradíoAntonio Proupín GarcíaTrav. Vista Alegre, 69

15705 Santiago de Compostela

770

24A XesteiraLabradíoJuana Gasamans SánchezO Lombao-Covas, 3

15864 Ames

œ C.T.3770

25A XesteiraLabradíoPablo Mallo ListeLugar de Montes, 1

15898 Santiago de Compostela

œ C.T.350