Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 05 de xaneiro de 2000 Páx. 195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 19 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Paredes, 4928.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación paredes nº 4928 de 2 cuadrículas mineiras para recursos de sección C e Rocas, no concello de Leiro (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 09' 20'' 42º 22' 40''

Vértice 28º 08' 40'' 42º 22' 40''

Vértice 38º 08' 40'' 42º 22' 20''

Vértice 48º 09' 20'' 42º 22' 20''

O que se fai público, para que, calquera que se considere afectado, interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles, nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 19 de novembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense